É máis habitual do que parece que as uñas se incrusten na carne dos dedos e isto provoque unha intensa dor no pé, tanto estando calzado como cos pés espidos. O noso podólogo en Ourense, Enrique José García Rubira, está especializado no tratamento destas alteracións podolóxicas, poñendo solución ás doenzas que presente o paciente.
A que se debe que as uñas se craven nos pés?
Aínda que é necesario coñecer a situación concreta do paciente para poder coñecer a causa desta patoloxía, en liñas xerais isto pode deberse a motivos xenéticos, á utilización de calzado inadecuado ou ben ao feito de sufrir un traumatismo. Os motivos son diversos, pero o resultado é o mesmo, unha intensa dor no pé causado por unha uña que se crava na carne dos dedos do pé.
Tratamento para as uñas que se cravan no pé
Do mesmo xeito que para conseguir un diagnóstico preciso, para escoller o mellor tratamento tamén é necesario valorar as necesidades específicas do paciente. A maneira máis habitual de tratar as uñas que se cravan nos pés é a técnica conservadora. Este método consiste en acudir á nosa consulta de podoloxía en Ourense de maneira regular para ir quitando a uña aos poucos, ata que conseguimos que esta se desincruste do pé.
Naqueles casos nos que a patoloxía está máis avanzada podemos realizar unha cirurxía. Este tipo de intervencións son moi resolutivas e teñen un post operatorio sinxelo, pois o paciente poderá saír camiñando da clínica tras a cirurxía, a cal tan só ten unha duración dunha hora.
Esta intervención cirúrxica para o tratamento das uñas que se cravan nos pés é unha solución definitiva e moi pouco invasiva.
Coidamos de ti, coidamos a saúde dos teus pés
Podólogos en Ourense
Ponte en contacto co noso podólogo Enrique José García Rubira para saber máis sobre o tratamento das uñas cravadas no pé.