Coa chegada dos meses máis fríos do ano, os nosos pés pasan a maior parte do día tapados e, as veces, sen transpiración. O uso de calzado pechado pode ocasionar multitude de patoloxías que levan a unha doenza continua e molesta no día a día. Como é lóxico, durante o inverno usamos con moita frecuencia as botas, tapando por completo o pé e, en ocasións, apertando e dificultando a circulación e a osixenación.
Que causan as doenzas?
Enrique José García Rubira, podólogo en Ourense, atende a multitude de pacientes que veñen con problemas causados polo uso de calzado inadecuado, por iso, é moi importante acudir con frecuencia ao podólogo e engadir esta cita a nosa rutina, e máis durante o inverno.
Nesta entrada do blog, queremos destacar algunhas doenzas comúns e que vemos con maior frecuencia nas consultas de podoloxías e que veñen a raíz do mal uso do calzado de inverno:
Fungos e bacterias
Sen dúbida, a patoloxía máis xeral é a presenza de fungos e bacterias causadas pola humidade. En ocasión, o noso pé exponse á choiva por filtracións no zapato; se isto ocorre non hai que esquecer secar os pés o antes posible e mantelos nunha boa temperatura e libre de humidade.
Ampolas
Tanto o calzado como os calcetíns, fan que o noso pé non goce de boa circulación. É moi importante escoller calzado que, xunto cos calcetíns, queden óptimos aos pés. Da mesma maneira, hai que evitar que o calcetín aperte a perna ou o nocello, xa que pode ser o causante da aparición de ampolas.
Callos e durezas
A pesar de que son patoloxías que se poden sufrir durante todo o ano, non hai que descoidar a visita ao podólogo para obter un bo mantemento dos pés, así como para evitar causar eses callos e durezas tan molestas e que co uso de botas poden danar moito o noso día a día.
Uñas encarnadas
Cando o calzado é estreito fai un efecto de presión que pode modificar o bo transcurso do crecemento da uña. Por este motivo, aparecen o que coñecemos como uñas encarnadas, moi dolorosas, moi incómodas e que poden afectar a nosa forma de camiñar.
Sequidade
No inverno, máis que nunca, prestámoslle moi pouca atención ao estado da pel dos nosos pés, quizais porque os vemos moi pouco ao telos tapados na maioría do tempo. Ben é certo que a pel dos pés é tan importante como a do resto do corpo, xa que, a causa do frío, téndese a resecar moito máis do normal. Aplicar cremas hidratantes é fundamental para coidar da saúde cutánea.
Visitar ao podólogo é fundamental durante o inverno
O podólogo Enrique José García Rubira conta con moitos anos de experiencia, prestando os seus servizos en centros e clínicas de podoloxía en Ourense, no Policlínica Cosaga e nos centros sociocomunitarios de O Carballiño, Celanova, Maceda, Ourense e Ribadavia. Se precisas os servizos de Enrique José García Rubira, non dubides en chamarnos, estaremos encantados de velar pola túa saúde.