enriquejosegarciarubira@hotmail.com

A importancia de empregar calzado específico para cada deporte

Publicado: 31 de marzo de 2022, 15:30
  1. Consellos
A importancia de empregar calzado específico para cada deporte

Cando facemos deporte, sempre temos que ter presente que é moi importante elixir ben os zapatos que imos poñer, pois en función de estes os nosos pés sofreran máis ou menos. Por eso hoxe desde o blogue de Enrique José García Rubira, podólogo en diferentes centros e clínicas de podoloxía en Ourense, queremos centrarnos neste tema e explicar as vantaxes que presenta o feito de escoller ben o calzado.

Diferentes zapatos para diferentes deportes

Para empezar temos que mencionar que é fundamental coidar ben os nosos pés. Son os encargados de soportar o noso peso durante todo o día, por eso debemos calzarnos adecuadamente.

Os zapatos presentan diferentes características en función da actividade que vaiamos realizar con eles. Os amantes do deporte seguramente xa coñecen moitas clases de calzado pero, ¿ti saberías elixir ben cales poñer segundo o deporta que vaias practicar? Imos falar dalgunhas situacións xunto co calzado máis adecuado para estas.

Para pasear pola montaña

Á hora de pasear pola montaña, o máis importante é que utilicemos un calzado que conte con tacos, para poder pisar firme e non ter perigo de esvarar durante o paseo, nin ter que ir forzando nós con pés.

Para pasear polo asfalto

Se imos pasear ou correr polo asfalto, é recomendable empregar uns tenis que absorban máis, de forma que se suavice o impacto da nosa pisada contra o chan, especialmente no talón.

Para facer crossfit ou actividades con pesos

No caso de que o deporte que realicemos sexa crossfit ou algunha actividade relacionada con obxectos pesados, teremos que buscar un calzado que presente unha sola dura e con bastante densidade.

Para deportes de cancha

Neste caso o principal é que a sola permita un bo desprazamento a todos os lados. Dependendo do deporte levarán tacos ou non.

Para actividades aeróbicas

Cando vaiamos realizar actividades aeróbicas, o máis importante será calzarnos cuns zapatos lixeiros que absorban o choque adicional. Así evitamos a fatiga e conseguimos máis estabilidade.

Coida os teus pés no día a día

Para levar un bo coidado dos nosos pés, desde as nosas clínicas de podoloxía en Ourense recomendámosche que recordes isto a próxima vez que vaias pasear ou facer un deporte. Se queres acudir a noso centro a facer una revisión da man do noso podólogo Enrique José García Rubira, non esperes máis e contacta connosco.

 

 

Noticias relacionadas

Exercicios para fortalecer os pés e evitar lesións 28 Ago

Exercicios para fortalecer os pés e evitar lesións

28/08/2024 Consellos
O coidado dos nosos pés é crucial para manter unha boa saúde xeral e previr lesións que poidan afectar a nosa mobilidade diaria. Como podólogo en Ourense con anos de experiencia axudando a pacientes a manter pés sans, quero compartir contigo algúns exercicios efectivos para fortalecer os pés e
Que esperar na túa primeira visita ao podólogo 18 Xul

Que esperar na túa primeira visita ao podólogo

18/07/2024 Consellos
Os pés son a base do noso corpo e soportan todo o noso peso ao longo do día. Con todo, a miúdo son os grandes esquecidos da nosa saúde. É importante coidalos adecuadamente para previr problemas podolóxicos como callos, durezas, fungos, uñeros encarnados, juanetes, pé plano ou cavo, entre
A conexión entre a saúde dos pés e o benestar xeral 19 Xuñ

A conexión entre a saúde dos pés e o benestar xeral

19/06/2024 Consellos
No contexto da busca dunha vida plena e saudable, non son poucas as persoas que, a miúdo, descoidan unha parte fundamental do noso corpo: os pés. Estes fieis compañeiros non só nos sosteñen día tras día, senón que tamén actúan como piares do noso benestar xeral. A conexión entre a saúde dos pés e o
Gretas nos talóns: Como evitalas e como combatilas? 26 Xan

Gretas nos talóns: Como evitalas e como combatilas?

26/01/2024 Consellos
As gretas nos talóns do pé son un problema moi común que afecta a moitas persoas, sobre todo nos meses de verán, aínda que non se limitan a esta época do ano. Son fisuras ou cortes que se producen na pel na zona do talón, debido á sequedade, rozamento ou presión excesiva. Poden ser dolorosas,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.