O talco é un mineral que se emprega para absorber a humidade e reducir a fricción na pel. O seu uso máis común é en forma de po, que se aplica sobre o corpo, especialmente nas zonas máis propensas a suar. Coñeces todos os beneficios que o talco ten para a saúde destas extremidades? Dende o noso centro de podoloxía en Ourense contámosche todo.
Os pés son unha zona do corpo de especial atención
Os pés son unha parte do corpo que require unha especial atención, xa que están expostos a factores que poden afectar á súa saúde, como a calor, a humidade, o roce, os fungos e as bacterias. Previr todas estas afeccións non é complicado, e como dixemos ao principio, o talco é un dos produtos que poden axudar a previr e tratar algúns destes problemas, como os que che contamos a continuación:
O mal cheiro
O talco elimina o exceso de suor e neutraliza os cheiros desagradables que se producen pola descomposición das bacterias nos pés.
A irritación
Grazas a este produto san sinxelo de atopar, créase unha capa protectora que evita o roce directo entre a pel e o calzado, o que reduce a inflamación, as bochas e as feridas.
Os fungos
O talco é unha magnífica solución á hora de manter os pés secos e crear un ambiente desfavorábel para o crecemento dos fungos, que son os causantes de infeccións, que tratamos moi habitualmente os podólogos, como o pé de atleta ou a onicomicose.
A transpiración
Outro dos beneficios do talco é o seu poder para regular a produción de suor e evitar que os pés esvaren dentro do calzado, o que mellora a comodidade e a seguridade ao camiñar.
Sácalle o máximo partido ao po de talco
Para aproveitar todos os beneficios do talco para a saúde dos pés, dende a clínica podolóxica en Ourense de Enrique José García Rubira, recomendamos a todos os nosos pacientes aplicalo diariamente despois de lavar e secar ben os pés, especialmente entre os dedos. Tamén pode empregar un pouco de talco dentro do calzado e os calcetíns para reforzar o seu efecto. Porén, hai que ter en conta que o talco non substitúe a unha boa hixiene nin a un calzado adecuado, senón que é un complemento que axuda día a día a manter os pés sans e frescos.
Outro dos puntos positivos é que o talco é un produto natural, económico e doado de conseguir, que pode marcar unha gran diferenza na saúde dos nosos pés. Se sofres dalgún problema podolóxico ou tes algunha dúbida sobre o seu uso, só tes que tomar nota dos nosos datos de contacto, pedir unha cita e vir a que realicemos un diagnóstico.