Na actualidade existen infinidade de opcións para comprar calzado, dende os máis clásicos ou tradicionais ate os modelos máis modernos e extravagantes. Entre tantas alternativas para seleccionar o calzado que utilizaremos a diario faise complexo o feito de escoller o máis adecuado e beneficioso para os nosos pes, pois habitualmente escollémolo en función da estética.
Como podólogos en Ourense de referencia coñecemos á perfección os puntos a ter en conta para mercar o calzado adecuado que favoreza a saúde dos pes, así como os consellos mais efectivos para garantir que os nosos pes se encontran en bo estado ao longo das diferentes épocas do ano.
Se hai unha normal fundamental para manter os pes en bo estado de saúde, indistintamente do calzado a utilizar, é a de non utilizar o mesmo calzado dous días seguidos, así como realizar os cambios de calzado necesarios ó longo do día para evitar a humidade nos pes e o xurdimento de fungos ou outras patoloxías relacionadas. Tamén é recomendable aplicar polbos de talco para evitar citadas patoloxías.
Consellos para escoller calzado
Evita os zapatos axustados
Recoméndase que o calzado non sexa demasiado axustado para favorecer a circulación e a mobilidade dos pes, evitando a aparición de diferentes patoloxías como unllas encarnadas ou xoanetes entre outras.
Pola contra, é importante que o sistema de suxeición do calzado sexa resistente e de calidade; ben sexan cordóns ou velcro.
Pensar na súa finalidad
Non é o mesmo mercar un calzado para practicar deporte que aquel que utilizamos para o día a día polo que, á hora de mercar calzado recoméndase pensar no uso que lle daremos. Ademais, no caso de ter que mercar calzado para realizar deporte é importante atender as necesidades específicas da actividade deportiva a realizar.
Escolle calzado con algo de tacón
O calzado totalmente plano pode ser prexudicial a longo prazo, provocando deformacións nos pes e outras alteracións. É recomendable escoller zapatos que teñan entre dous e catro centímetros de tacón, tanto para homes como para mulleres.
Cando é o mellor momento do día para mercar calzado?
Co paso das horas e debido a que os pes soportan o total do noso peso, cara ao final do día atópanse mais inchados e teñen un maior tamaño polo que, cara a última hora do día é o momento máis recomendable para probar calzado e evitar que nos queden axustados unha vez comencemos a camiñar con eles.
Podólogos en Ourense, Enrique José García Rubira
Sofre algunha patoloxía nos pes? Non sabe cal é o calzado máis adecuado? Contacta connosco e axudarémosche a garantir a saúde dos teus pes.