Vivimos nunha sociedade na que a imaxe ten unha gran importancia, polo que son cada vez máis os que podes chegar a sacrificar a súa saúde por verse á moda e acordes ás últimas tendencias.
Os zapatos de tacón sempre foron un básico no armario e, aínda que as modas foron cambiado, o tacón sempre estivo presente.
O abuso deste tipo de calzado pode provocar dor de pés ou, o que é aínda máis grave, pode favorecer a aparición da patoloxía Neuroma de Morton.
Esta patoloxía caracterízase por unha dor intensa no pé e o podólogo en Ourense Enrique José García Rubira conta cunha gran experiencia no tratamento desta doenza. Contámosvos por que se produce en Neuroma de Morton e como podemos solucionalo.
Que é o Neuroma de Morton?
Esta patoloxía caracterízase por unha inflamación dun nervio que se atopa entre os dedos do pé, máis habitualmente entre o terceiro e cuarto dedo. A dor provocada por este tipo de alteración pode similarse á sensación de sentir ardor no pé, picazon ou mesmo o entumecimiento dos dedos.
Como se trata o Neuroma de Morton?
Se adoitas utilizar zapatos de tacón habitualmente e notas unha intensa dor no pé é posible que padezas o Neuroma de Morton, pero para poder diagnosticalo é imprescindible poñerse en mans dun profesional. Enrique José García Rubira conta cunha gran experiencia como podólogo en Ourense, podendo identificar a aparición desta patoloxía antes de que estea nun estado máis avanzado.
Se esta alteración se detecta a tempo é posible corrixila coa utilización de plantillas personalizadas que o noso podólogo en Ourense elaborará a medida para que o nervio en cuestión teña un maior espazo e reduza así a súa inflamación.
No caso de que o Neuroma de Morton xa estea demasiado avanzado a solución máis drástica é a cirurxía, podendo así poñer fin á patoloxía.
Queres máis información sobre o Neurema de Morton? Sospeitas que podes padecelo?
Contacta co podólogo en Ourense Enrique José Rubira García para concretar unha cita.