Estamos a poucos días de comezar a época máis calorosa do ano; o verán. As temperaturas xa comezan a subir e aos poucos imos cambiando o noso vestiario e o noso calzado para utilizar pezas máis frescas e acordes a estas datas. Ademais, as praias e as piscinas convértense nun elemento fundamental da nosa rutina.
Son varios os consellos a seguir para asegurar a boa saúde dos pés nesta época do ano e, como podólogos en Ourense de gran recoñecemento, deixámosvos unha serie de pautas.
Non utilices o mesmo calzado que no inverno e cámbiao cada día
Para os meses de calor é recomendable optar por calzado transpirable para evitar que o pé suen. Ademais de que é fundamental non utilizar o mesmo calzado dous días seguidos para evitar a humidade nos pés provocada pola suor acumulada.
Se te decides polas sandalias, asegúrate de que se suxeiten perfectamente ao pé
A mala elección do calzado pode chegar a provocar diversas patoloxías nos pés, sendo os dedos en garra unha das máis frecuentes por mor de que o calzado non se agarra ben ao talón.
Utiliza pos de talco se sofres un exceso de sudoración nos pés
A mellor alternativa para todos aqueles que padecen unha sudoración excesiva nos pés é aplicar pos de talco pola mañá e repetilo ao mediodía se é necesario. Ademais, en caso de utilizar calcetíns, estes tamén deben ser cambiados.
Evita camiñar descalzo por piscinas ou zonas públicas
No verán é moi habitual acudir a sitios públicos concorridos como, por exemplos, piscinas ou os vestiarios das mesmas. Nestes lugares é recomendable utilizar sandalias e evitar camiñar descalzo, reducindo así a posibilidade de coller algún tipo de infección como fungos ou papilomas.
Enrique José García Rubira, o teu podólogo en Ourense
Consegue lucir uns pés sans todo o verán. Se crees que podes padecer algunha alteración nos pés, ponte en contacto coa nosa clínica de podoloxía en Ourense; axudarémosche a tratala.