O verán é a época favorita de moitas persoas grazas ao bo tempo e a que os días son máis longos. Coa chegada desta época comezan as visitas á praia, cos seus longos paseos pola beira do mar e os momentos de tomar o sol tombados na area.
Aínda que sexan días de felicidade e nos que nos atopamos moi a gusto, é fundamental protexerse como é debido das horas de máis sol e das areas que ponde provocar molestias e feridas; especialmente se es unha persoa que sofre de diabetes. Se contas con esta dificultade tes que ter especial coidado e tomar medidas preventivas.
Dende a nosa consulta de podoloxía en Ourense, formada polo especialista Enrique José García Rubira, queremos darvos unha serie de precaucións a ter en conta este verán se sofres de diabetes.
Protéxete da radiación solar
Utiliza protector solar e aproveita a sombra para non sobreexpoñer os teus pés ao calor e ás altas temperaturas. Aínda que pareza estraño, os pés e as plantas dos mesmos tamén poden queimarse se non se protexen como deben. É importante que empregues protección solar e cremas para evitar queimaduras.
Seca e limpa os teus dedos
Ir a praia é sinónimo de mollarse e de que todas as areas se nos peguen ao corpo. Se xa de normal estas pequenas partículas son molestas, se non as notas poden acabar provocando roces ou pequenas feridas. Se sofres de diabetes, contas con menos sensibilidade nesta zona, polo que ao non notar as areas e retiralas a tempo, podes acabar con feridas que nalgúns casos, inféctanse e poden chegar a ser moito máis graves. Por iso, antes de calzarte ou marchar da praia comproba se queda algún resto nos teus pés.
Revisa a planta do pé cada noite
A diabetes é unha enfermidade que dificulta a curación das feridas en todas as persoas, por iso é fundamental comprobar cada noite, cando xa esteas aseado, a situación do noso pé. Revisa minuciosamente entre os dedos e na planta do mesmo na procura de cortes ou feridas para que no caso de atopar algunha, podas tratala a tempo e evitar posibles infeccións ou o ensanche da mesma.
Podólogo profesional en Ourense
Se sofres ou sentes algunha molestia debido a calquera dos problemas mencionados, animámoste a que pidas unha cita na nosa consulta en Ourense. Se o prefires tamén contamos con servizo a domicilio en toda a provincia de Ourense. Ponte en contacto connosco e deixa que te axudemos. Esperámoste.