No noso post anterior dabámosvos algúns consellos sobre como coidar os pés na época máis calorosa do ano, o verán. A nosa gran traxectoria e recoñecemento como podólogos en Ourense permítennos contarvos algunhas das alteracións dos pés máis comúns do verán e que facer para previlas.
Queimaduras nos pés
Nesta época do ano a crema de protección solar convértese nun imprescindible. Utilizámola a diario e aínda máis cando imos estar expostos aos raios solares en lugares como a praia ou a piscina; botamos crema solar na cara, os brazos, as pernas, a barriga, pero… que pasa cos pés? Son moitos os que se poñen en contacto co podólogo en Ourense Enrique José García Rubira por este tipo de patoloxías. Cabe resaltar que é moi importante utilizar crema solar tamén nos pés, evitando así queimaduras indesexadas.
A area da praia está moi quente? Nos días de máis calor é recomendable percorrer os areais de praia cun calzado adecuado para iso como poden ser as chanclas, evitando o contacto directo dos pés coa area para evitar este tipo de queimaduras.
Cortes na planta dos pés
O verán é a época do ano na que máis camiñamos descalzos, ben sexa polos arredores da piscina ou na propia praia. É moi habitual que haxa obxectos cortantes no chan que poden provocar cortes e infeccións polo que as chanclas volven ser de gran axuda.
Escordaduras e torceduras
Á hora de escoller o calzado de verán para o día a día hai que prestar especial atención a que estes suxeiten ben o pé, xa que unha mala suxeición pode provocar escordaduras ou torceduras. Sempre que vaias comprar calquera tipo de calzado para esta época do ano, como poden ser sandalias, presta atención a que o calzado suxeite perfectamente o pé.
Sufriches algunha destas patoloxías?
Ponte en contacto co podólogo en Ourense Enrique José García Rubira, pide cita para asegurar a boa saúde dos teus pés!