A poucos días de comezas as clases dende a nosa clínica de podoloxía en Ourense, Enrique José García Rubira, aconsellamos a tódolos pais e nais que leven aos seus fillos e fillas ao podólogo para comezar o colexio nas mellores condicións.
Durante os meses de verano os nenos e as nenas adoitan camiñar máis tempo descalzos, a humidade tras os baños na praia ou na piscina queda nos pés e, se viaxamos e probable que nalgunha ocasión teñan que utilizar algún tipo de ducha pública xa sexa, por exemplo, nun parque acuático ou nun hotel. Todas estas situacións poden causar enfermidades nos pés dos nenos e das nenas que, en moitas ocasións, non coñecemos e poden agravarse se non acudimos de maneira rápida a un podólogo.
Algunhas destas enfermidades ou doenzas son:
Fungos
Os fungos nos pés e tamén nas unllas son moito más comúns do que pensamos. Entre os síntomas que poden indicarnos que o noso fillo ou filla padece destes fungos destacamos:
- Proído na pel
- Unllas vermellas
- Pel enrrugada
- Fendas na pel
- Mal olor
É importante que no momento que pensemos que o cativo ou a cativa pode padecer de fungos visites de maneira rápida ao podólogo xa que, se non se tratan, esta doenza pode expandirse.
Papiloma
O papiloma e unha infección que causa unhas verrugas plantares que pode contaxiarse de unhas persoas a outras pola utilización, por exemplo, dunha mesma toalla ou por exemplo polo uso da mesma ducha.
- Os síntomas dun papiloma no pé son:
- Pequeno avultamento na planta do pé con forma de coliflor e cunha cor grisácea
- Dor e maior sensibilidade na zona onde está a verruga plantar
É importante que para curar este tipo de doenza e que no se poda contaxiar entre persoas e incluso aparezan máis no mesmo pé visitar ao podólogo. O tratamento destas verrugas, normalmente, ten que facerse ao longo de varias sesións.
Outras razóns polas que levar aos nenos e nenas ao podólogo
Moitos dos pais e nais que nos visitan na nosa clínica de podoloxía en Ourense durante o mes de setembro o fan para que profesionais coma nós lle fagamos un estudio da pisada ao seu fillo o filla.
Con isto o que conseguimos é, por exemplo, atopar algunha anomalía na pisada no neno ou da nena antes de comezar a adestrar nalgún equipo de fútbol, baloncesto...
Se queres que os teus fillos ou fillas comecen de maneira correcta a súa nova etapa na escola non dubides en pedir unha cita no noso centro de podoloxía en Ourense. ¡Estaremos encantados de poder atendervos!