As modas e as tendencias teñen un gran impacto na sociedade, polo que son moitos os que modifican o seu propio estilo para seguir as últimas modas en roupa e calzados. Estas tendencias tan cambiantes permítennos ter moitas alternativas entre as que escoller, pero á hora de comprar calzado non só debemos deixarnos levar pola moda, senón que tamén hai que ter en conta outros aspectos como, por exemplo, a verdadeira utilidade do calzado que adquirimos.
É moi común a crenza de que todo o calzado é adecuado para todo momento e época do ano, pero esta convicción non é acertada e hoxe, o noso podólogo en Ourense Enrique José García Rubira, cóntanos un pouco máis sobre a importancia de seleccionar adecuadamente o calzado.
Cada calzado ten o seu momento
Zapatillas, deportivos, chanclas, botas, katiuskas… poderiamos enumerar centos de tipos de calzados e todos eles son adecuados para momentos ou épocas concretas, pero non para o día a día. Por exemplo, as katiuskas son o calzado ideal para os días de frío e choiva, pero nun día con temperaturas agradables non se recomendan, xa que non transpiran e isto pode favorecer a aparición de fungos.
Os zapatos de tacón, son bos?
O calzado de tacón é adecuado tanto para homes como para mulleres. Recoméndase que os homes utilicen calzado cun tacón de dous centímetros e as mulleres de entre dous a catro centímetros. Ademais, no caso de utilizar zapatos con moito tacón, por exemplo para acudir a eventos, non é recomendable utilizalo demasiado tempo.
Cando é o mellor momento para comprar calzado?
Como xa comentamos, as modas están en constante cambio polo que son moitos os que con frecuencia acoden a unha zapatería a comprar novo calzado. É importante ter en conta que o tamaño dos pés aumenta co transcurso do día debido a que pasamos moito intre sobre eles, polo que para comprar novo calzado recoméndase probalo cara a última hora do día.
Tes dúbidas sobre a saúde dos teus pés?
Fungos, calosidades, escordaduras… son moitas as molestias que poden estar provocadas pola mala elección do calzado. Escoita o pódcast no que participou o noso podólogo en Ourense, Enrique José García Rubira, para saber máis. Minuto 13!
Se queres comprobar que os teus pés atópanse en perfecto estado de saúde pide cita no noso centro de podoloxía en Ourense.